A Festa da Filloa acollerá unha Exposición de Cans de Raza
XXVII edición da Festa de Filloa de Muimenta celebrarase un ano máis o primeiro de maio e, nesta ocasión compartirá espacio coa IV Exposición de Cans de Raza no recinto feiral Manuel Vila.
A organización a Festa da Filloa decidiu incorporar de nova esta celebración debido á importancia que a caza ten na comarca chairega. Todas as persoas que desexen participar nesta mostra exposición, que arrincará ás 9.00 horas e prolongarase ata as 17.00, poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico moexmu@gmail.com ou chamando ao teléfono 982 504 002. Os animais deben cumplir a normativa vixente, é dicir, todos os animais deben dispoñer da súa correspondente cartilla ou documento sanitario e debe estar en poder dos seus donos o día da exposición.
Nesta mostra, na que haberá agasallos para todos os participantes, poderán participar diversas razas: Sabuxo Español, Grifón, Basset Hound, Azul de Gascuña, Basset Leonado, Podencos varios, Braco Alemán, Pointer, Epagneul Bretón, Setters varios, etc. Ademáis habrá trofeos para:
-
-
-
- mellor can de raza de caza maior
- mellor can de raza de caza menor
- mellor cachorro de raza de caza maior
- mellor cachorrro de raza de caza menor
- mellor reala caza maior (mínimo cinco cans)
-
-
Por outra banda, quedan poucos días para que os alumnos dos colexios e institutos da comarca presenten os traballos que participarán na XIX edición do Concurso de Debuxo e Relato – Filloa 2.018. O martes 24 de abril é o último día para que ditos traballos se presenten nas oficinas do Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.
Os traballos gañadores serán expostos durante a celebración de dita festa gastronómica, e os galardonados recibirán os seus premios despois da lectura do pregón da Festa de Interese Turístico de Galicia.