A Festa da Filloa de Muimenta xa ten pregoeiro
A XXVIII edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase, como é habitual, o vindeiro primeiro de maio.
O pregoeiro desta edición será o hostelero e copropietario do Restaurante España, Francisco López, que colle o relevo de seu irmán Héctor López. A lectura do pregón realizarase antes da recollida de premios dos traballos gañadores do XX Concurso de Debuxo e Relatao da Filloa 2.019 (temática: as zocas), para entregalos nos centros educativos o prazo remata o martes 23 de abril e para facelos chegar á comisión organizadora, o venres 26; os traballos gañadores serán expostos durante o vindeiro primeiro de maio.
Esta semana estase avisando ao persoal colaborador de cada edición, e non vindeiros días darase a coñecer o programa oficial desta edición, cun amplio programa de actividades para toda a xornada.
Igualmente, informamos que quedan poucas prazas para acudir ao programa da TVG Luar, o vindeiro 26 de abril, viaxe organizado pola comisión da MOEXMU e da Festa da Filloa deste ano.
A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo, a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, Abanca Corporación Bancaria, S.A. e numerosas empresas e particulares.