A Festa da Filloa volverá este ano a Muimenta

TerraChaXa
Tras dous anos, o Recinto Feiral Manuel Vila volverá acoller no 2022 a Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.
festa da filloa portada muimenta
6 Feb 2022

Tras dous anos de falta, o Recinto Feiral Manuel Vila volverá acoller no 2022 presencialmente a Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.

Así o anunciaron nas redes sociais os membros do comité organizador, os mesmos da Moexmu, aproveitando a celebración do Día da Crepe.

A festa volverá a Muimenta novamente o 1 de maio sempre e cando a situación sanitaria o permite nesta data en cuestión. Por outra banda, tamén deberá adaptarse á situación actual introducindo normativas para manter a seguridade entre os asistentes.

Nos dous anos anteriores, a organización decidiu manter vivo o espírito da celebración convocando un concurso de de fotografía, coa temática da filloa, no que se repartiu un total de 150,00 euros entre as dúas fotos máis votadas.

0.20717716217041