A Festa da Xuventude de Lanzós prepara a súa VIII edición para o 14 de outubro
A comisión da Festa da Xuventude de Lanzós, no Concello de Vilalba, organiza para o 14 de outubro a oitava edición da súa festa. Esta será no campo da festa do Adro, que estará cuberto con carpa.
A xornada, dará comezo ás 13.00 horas, cunha misa solemne seguida da sesión vermú que estará a cargo do dúo Pedriñas.
Despois haberá un xantar popular con empanada, embutidos ibéricos, polbo, xarrete con guarnición, bebidas, sobremesa e café, por un prezo de 33 euros, mentres que o menú infantil será de 10 euros e os menores de 5 irán de balde. Para poder participar haberá que apuntarse antes do 11 de outubro no bar A Pereira. Para os pequenos o xantar constará de pasta boloñesa, peituga de polo, sobremesa e bebida.
Xa pola tarde haberá inchables, xogos e agasallos para os máis cativos amenizado pola música de Carta de Ajuste e Discomovil Eventec.
Para pechar a sesión, pola noite, a verbena estará ao cargo das orquestras New York e París de Noia.