A festa de Entroido de Cervo estivo moi animada

TerraChaXa | AMariñaXa
6 Mar 2019

A cita de Entroido de Cervo, organizada pola asociación Ariños do Xunco coa colaboración do Concello estivo animada pola charanga Aturuxo e polo espectáculo itinerante festivo Tchyminigagua.
Resultaron gañadores os seguintes disfraces, en infantil individual miki Piloto, o mouchiño e azafata de avión; en individual sénior cuadros de exposición, cociñar con Xosé Ramón e coelliña musical; ademais houbo premios especiais para doctor Toño e inspector Tino que son usuarios da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña.
En parella infantil os premios foron para fondo de bikini, as estrelas de mar e os pallasetes; en parella sénior foi para Silá e Fatmagur.
Na categoría grupo infantil foi para os pimasks, méxico Lindo, que vive baixo a piña do mar. En grupo sénior os gañadores foron limpa montes, os aqueloutras, todo pato necesita o seu rato.
En comparsas infantil gañaron panadería do Xunco, pandilla Pop Art e alicia en el país de la maravillas. E por último en comparsa sénior a migración africana chegou a Cervo, as ovellas do Xunco e pacmans e as súas pantasmas.
 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.080852031707764