A Festa do Mexillón de San Cibrao será o 29
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
8 Feb 2020
A Festa do Mexillón de San Cibrao celebrarase o vindeiro sábado 29 de febreiro.
Durante a xornada, en varios bares e restaurantes da vila, poderase degustar este marisco preparado de diferentes modos, tanto cocidos, como en salsas, recheos, á vinagreta, nunha tortilla, en croquetas...
A degustación estará amenizada coa actuación de grupos folkclóricos locais.