A Festa do Porco Celta Friol será o 4 de maio
Un ano máis, a Festa do Porco Celta de Friol celebrarase no pavillón municipal de Friol o día 4 de maio. Na que xa é a cuarta edición participarán produtores deste animal que o que buscan é poñer en valor a calidade da carne deste porco de antiga raza e promocionar aos criadores da zona de Friol, xa que esta raza porcina é a única autóctona de Galicia de protección especial e en perigo de extinción.
Espéranse unhas bastante afluencia de público, como nestes últimos anos. Haberá unha cea, que constará dun menú baseado neste tradicional alimento, e unha orquestra que amenizará a noite.
O programa dará comezo ás 16.00 horas co asado dos porcos ao espeto e do campionato de tute. Este está reservado para as persoas que participen na cea e a súa inscrición é gratuíta.
Ás 21.30 horas dará comezo a cea, que contará con entrantes, caldo de osos e porco asado.
O tickets para a cea xa están á venda ata o 1 de maio a un prezo de 20 euros con mesa reservada para os grupos numerosos. Ademais, realizarase un sorteo de produtos desta carne.
Para finalizar haberá unha verbena coa orquestra La Favorita, con entrada libre.
Esta festa está organizada pola MCMC Carballo, Antonio Díaz de Guldriz e o Restaurante Roimil.