A Festa do Río, organizada pola Asociación Aquilino Iglesias de Muimenta, será o 7 de setembro

TerraChaXa
Os tickets para a comida veciñal teñen un prezo de 30 euros, e poden adquirirse na mercería Teresa
festa-do-rio-cospeito
2 Sep 2025

A Asociación Culturas Aquilino Iglesias Alvariño de Muimenta, en Cospeito, organiza para o próximo 7 de setembro a tradicional Festa do Río. O evento contará cunha animación especial de Verónica Cambón e actividades para os máis pequenos, facendo que sexa unha xornada perfecta para toda a familia.

Os tickets para a comida veciñal teñen un prezo de 30 euros, e poden adquirirse na mercería Teresa. A comida estará preparada polo catering Chao da Brea e constará dun delicioso menú con paella mixta, carrilleiras de porco, pan, sobremesa, café, licores, viño, cervexa, auga e refrescos. Os menús vexetarianos deberán solicitarse ao facer a inscrición.

Os menores de 5 anos poden asistir de balde, e os nenos de entre 5 e 9 anos pagarán só 15 euros. O evento terá lugar baixo carpa, asegurando que todos os asistentes podan gozar da festa, chova ou faga sol.

⚙ Configurar cookies
0.13431787490845