A festa dos nenos en Castro de Rei será este domingo

LugoXa | TerraChaXa
O horario da festa será dende as 16:00 h ata as 21:00 horas na carballeira de Castro Ribeiras de Lea
festa-do-neno-castro-de-rei
Cartel
22 Xuño 2024

O Concello de Castro de Rei celebra este domingo, 23 de xuño, a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro Ribeiras de Lea e na que os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar, como xa é tradicional nesta celebración, de xogos e outras actividades.

O horario da festa será dende as 16:00 h ata as 21:00 horas na carballeira.

Están previstas actividades de inchables, pintacaras, xogos populares e paracaídas, todas elas de balde e sen inscrición previa.

0.12140393257141