A festa dos nenos en Castro de Rei será o próximo domingo

TerraChaXa | LugoXa
Castro de Rei xa está preparando para o domingo día 19 de xuño a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro Ribeiras de Lea.
festa dos nenos castro de rei portada
12 Xuño 2022

O Concello de Castro de Rei xa está preparando para o domingo día 19 de xuño a Festa do día dos Nenos, que este ano será en Castro Ribeiras de Lea e na que os máis cativos e os rapaces poderán desfrutar, como xa é tradicional nesta celebración, de xogos e outras actividaes. Como colofón non faltará a divertida festa da escuma, polo que convén non esquecer levar roupa cómoda para poder desfrutar o máximo.

O horario da festa será dende as 16:30 h ata as 19:00 h na carballeira ou, se o tempo non o permite, no pavillón municipal.

Están previstas actividades de inchables, maquillaxe, globoflexia e tiro con arco ademais da festa da escuma.

0.10269808769226