A festa Leña Verde de Pol celebrarase o 9 de agosto na carballeira de Mosteiro

A carballeira de Mosteiro, no concello lucense de Pol, acollerá o vindeiro 9 de agosto a festa Leña Verde, unha xornada de convivencia, música e tradición organizada pola Asociación Cultural Leña Verde.
O evento comezará ás 14:00 horas cunha sesión vermú e aperitivos a cargo do bar da S.D. Pol. Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular, no que cada asistente poderá levar a súa propia comida, con opción de mercar doces típicos como filloas elaboradas polas Filloieir@s de Muimenta.
A tarde continuará coa música tradicional galega. A partir das 17:00 horas, o público poderá gozar das actuacións dos grupos Feitizo (Foz), Pandeireteiros do Inferno e a propia asociación organizadora, Leña Verde.
A xornada rematará cunha festa con foliada aberta, onde se convida a todos os asistentes a participar, cantar e bailar libremente.
Unha cita imprescindible para os amantes da música tradicional galega e das festas populares.