A fibra óptica comezará a funcionar en Meira en xullo
TerraChaXa
O Concello de Meira está a rematar as obras de implantación da fibra óptica.
11 Jul 2018
O Concello de Meira está a rematar as obras de implantación da fibra óptica. A partir do mes de xullo comezará a funcionar en diversas zonas como a praza maior, na maior parte das rúas do centro, no polígono industrial ata preto da casa de turismo rural.
Ademais, Antonio De Dios indicou que tamén esta pedido o mesmo servizo para as parroquias de Seixosmil e Piñeiro.
Segundo lembra o alcalde, tratábase dun servizo moi demandado por parte dos veciños.