A fin de semana Román está de festa
TerraChaXa
O sábado a misa con procesión celebrarase ás 13.15 para continuar cunha sesión vermú
Cartel das festas
17 Maio 2024
A parroquia de Román, en Vilalba, celebra as súas festas a vindeira fin de semana na hora de Santa Eulalia, Pascua e San Antón.
O sábado a misa con procesión celebrarase ás 13.15 para continuar cunha sesión vermú coa actuación da orquestra Solara, que tamén serán os encargados de amenizar a verbena da noite acompañados da orquestra La Fórmula.
A misa do domingo dará comezo tamén ás 13.30 e o final de festa será a sesión vermú a cargo do grupo Alba.
Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto con carpa.