A foliada de outono do Asociación Cultural Castiñeiro Milenario chega a Begonte o sábado 15 de novembro

TerraChaXa
Unha tarde de petiscos seguida de música tradicional con catro grupos para celebrar a estación
BEGONTE foliada
4 Nov 2025

O próximo sábado, 15 de novembro, na localidade de Begonte terá lugar a edición de outono da foliada organizada pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario. A cita arrinca ás 20.00 horas no Centro Socio-Cultural de Begonte (situado xunto ao centro médico e á pista de pádel).

A celebración comezará con uns petiscos para coller forzas e, a partir das 21.00 horas, arrancará a parte musical coa actuación de catro formacións: os grupos residentes Foliadeir@s do Castro e Treitoira abrirán a foliada, seguidos polas pandeireteiras e cantareiras do Beteluma Cantareiras (de Cospeito) e, para rematar, o grupo das Pontes, No Cómbaro. Despois das actuacións oficiais haberá foliada aberta ata que o corpo aguante.

Esta iniciativa forma parte das actividades que a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario promove en Begonte para dinamizar a cultura tradicional galega, fomentando os encontros, a música, o baile e a participación comunitaria. O público poderá gozar dunha xornada de tradición renovada, nun espazo pensado para compartir e celebrar a música galega de raíz.

⚙ Configurar cookies
0.080209016799927