A Foliada de Primavera de Castiñeiro Milenario regresa o día 6

TerraChaXa
O sábado 6 de maio, a partir das 18.30 da tarde no local do Pobo da Asociación Veciñal do Castro, guiados por Branca Villares
foliada primavera begonte castineiro milenario portada
30 Abr 2023

Castiñeiro Milenario volve celebrar este sábado 6 de maio, a partir das 18.30 da tarde no local do Pobo da Asociación Veciñal do Castro, a tradicional Foliada de Primavera.

Guiados unha vez máis por Branca Villares, festexarán un maio, "fermoso e florido, para dicir ata nunca a este longo inverno e saudar a entrada da primavera". Consistirá na recollida de flores, fentos e xestas pola zona antes de cantar unhas pezas arredor de nenos e maiores.

Despois do maio haberá uns petiscos para repoñer forzas e encarar a foliada libre, que dará comezo ás 21.30 horas.

Como novidade, este ano o cartaz da foliada foi deseñado por unha intelixencia artificial, coas palabras clave, nenos, nenas, flores de maio, paisaxe galega.

foliada primavera begonte castineiro milenario
0.19668793678284