A fortaleza laurentina de Tovar recibe a grupos de turistas de Asturias e Galicia e prevé contar con visitas guiadas este verán

TerraChaXa | AMariñaXa
2 Xul 2019

A fortaleza laurentina do Pazo de Tovar segue recibindo visitas, principalmente de grupos, durante todo o ano. Precisamente, este mes de xullo recibirán cinco excursións, unha de Ourense e catro de Asturias, pero a intención do propietario, José Ventoso Iglesias, é a de contar tamén este verán cun guía turístico para as visitas particulares á torre.
Ventoso agarda contar cun guía para abrir ao público a fortaleza ás visitas diarias desde finais de xullo e ata setembro incluídos. A entrada individual custa 2,50 euros máis o Ive. En horario de mañá cada periodo estival adoita haber dous horarios de visitas, ás 11.00 e ás 11.30 horas e á tarde, ás 16.00, ás 17.30 e ás 19.00 horas.
O seu caso é dunha iniciativa privada que colabora activamente co Concello para ceder as súas instalacións para a celebración de festas, como a campesiña, pero tamén en todo tipo de actividades culturais, como as presentacións de libros, aproveitando así unha sala con capacidade para un cento de asistentes. O máis práctico para a propiedade do monumento é a visita concertada de grupos a través do teléfono 688.909.329.
A principios do s.XVI, D. Antonio de Tovar, parente cercano de Pardo de Cela comeza a construír unha fortaleza sobre a torre cun carácter menos defensivo; remodelando ao gusto da época, con maiores ventás para outorgar máis luz ao interior en consonancia ao resto do edificio, ademáis doutros elementos decorativos para dar máis importancia ao conxunto.
A partir desta data, diferentes familias viviron na fortaleza ó longo do tempo; a maior parte coma arrendatarios, chegando en momentos a vivir máis dunha familia do inmoble ao mesmo tempo. Todos estes inquilinos foron deixando as súas pegadas no edificio, sendo hoxe un conxunto de todas elas.
 

0.15230202674866