A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños, distinguida internacionalmente en Portugal

TerraChaXa
Á gala asistiu acompañada da súa irmá Yolanda, tamén fotógrafa vilalbesa e coa que compartiu recentemente o cargo de pregoeira nas últimas festas de Vilalba
inma-purrinos-premio-internacional
20 Nov 2025

A creadora vilalbesa Inma Purriños vén de recibir unha destacada distinción internacional outorgada pola Asociación Nacional Portuguesa de Fotografía (Appimagem). O recoñecemento entregouse durante unha gala celebrada no Casino de Espinho, en Braga, un evento no que se congregaron profesionais da fotografía de diversos países.

Purriños foi galardoada co título de Fotógrafa Distinguida Internacional, unha distinción que, segundo explica, premia a traxectoria profesional e os méritos acumulados ao longo dos anos. A fotógrafa, que o ano pasado presentou o seu traballo ás cualificacións portuguesas por primeira vez, obtivo daquela catro méritos e tres coleccións de honra, pasos que contribuíron a este novo éxito.

Á gala asistiu acompañada da súa irmá Yolanda, tamén fotógrafa vilalbesa e coa que compartiu recentemente o cargo de pregoeira nas últimas festas de Vilalba.

Purriños describe o evento como “unha noite maravillosa”, cun ambiente no que numerosos fotógrafos de nivel internacional foron recibidos con gran acollida, nunha celebración que puxo en valor o talento e a creatividade no ámbito da fotografía profesional.

⚙ Configurar cookies
0.072016954421997