“A función da festa é promocionar a gastronomía a través de cociñeiros”
Javier Piñeiro é o presidente da Asociación de Queixeiros de Vilalba.
Vilalba acolle este dous días, como é tradición, unha nova edición da Feira do Queixo da San Simón da Costa, unha feira que chega a súa vixesimo sexta edición tras dous anos de parón pola covid. Javier Piñeiro é presidente da Asociación de Queixeiros de Vilalba e relata como foron as orixes desta feira.
Cando se formou a asociación de queixeiros e cal é a súa finalidade?
A asociación ten xa 23 anos e fíxose basicamente nalquel momento para levar adiante a festa do queixo, despois, co tempo, fixéronse outras cousas outros anos, pero usámola basicamente para facer aquelas accións que cada un por separado non podemos facer.
Cantos socios sodes actualmente?
Actualmente somos sete, todas queixerías e todas do termo municipal de Vilalba, repartidas por Lanzós, Oleiros e a propia Vilalba. Dende que empezou a asociación incorporouse unha queixería, a de Oleiros e estamos á espera de que se sumen outras dúas. Se se produce esta incorporación formaríamos parte da asociación todas as de Vilalba.
Que respaldo ten a asociación das administracións?
Nós temos moito apoio da Xunta polo tema da festa grazas á liña de axudas de promoción alimentaria, tamén contamos co apoio polo Concello para realizar a festa e despois unha entidade privada que nos apoia todos os anos é Caixa Rural.
Que planes de futuro tedes?
Cabe a posibilidade, non sabemos aínda, a asistencia a outras feiras fóra. Xa se fixo algún outro ano pero si esto recupera un pouco e volvemos á situación que tiñamos no 2019, antes da pandemia, se poidan facer actividades deste tipo. Estamos barallando esta posibilidade de asistir incluso fóra de España pero agora mesmo coa situación sanitarira fáisenos difícil.
Que relación teñen con outra das entidades vinculadas, o Consello Regular da Denominación de Orixe?
Facemos cousas conxuntas, pero non teñen nada que ver, eles ocúpanse de levar o tema da denominación de orixe e nós somos unha asociación para chegar a cousas que o Consello Regulador non podeía chegar nin pode agora, porque é un ente que non ten esa capacidade, por exemplo organizar a feira. Colabora moi estreitamente na organización.
Que retos teñen por superar agora mesmo?
Temos unha gran lista deles. A situación económica é un deles, que nos afecta a todos, tras a situación pasada imos ao ralentí. A nivel de axudas estamos na mesma doutros anos polo que non nos poidemos queixar. Agora mesmo o que dicíamos, á asistencia ás feiras está parada e os nosos problemas son a nivel xeral os mesmos da sociedade.
Como foi a evolución da feira?
As primeiras edicións non as organizou a asociación, as dúas ou tres primeiras. A festa pasou de ser feira a ser festa. Pasou de ser un acontecemento do mes de marzo, que logo xa pasaría a ser no mes de abril fixo a primeira fin de semana. Pasou de ser unha cita para vender queixos e solucionar o mes porque a cantidade de queixo que movías ese día era moi importante para o produto que tiñas daquela. Hoxe eso cambiou, a venda está en segundo plano o que se persegue máis é a promoción. Os últimos anos intentamos promocionar a gastronomía, a través de cociñeiros, e nesa liña seguimos, intentamos promocionar, a función da festa é esa, promocionar o queixo.
Como se plantexa esta edición?
Queremos retomar a feira da mellor maneira despois de dous anos de parón, si temos sorte co tempo pensamos que pode haber unha boa festa, que pode ser amena para a xente de Vilalba e para a xente de fóra.