A Fundación María José Jove chega a Vilalba para apoiar a inserción laboral de nais en risco de exclusión

TerraChaXa
A formación será impartida en formato intensivo e ofrecerá un certificado homologado de 70 horas en Atención hixiénico-sanitaria a persoas dependentes
demencia-maiores-obradoiro
19 May 2025

O Concello de Vilalba vén de anunciar a chegada do programa Madres da Fundación María José Jove, unha iniciativa de intervención social orientada a fomentar a autonomía das mulleres mediante a súa capacitación laboral.

Este proxecto, que conta co apoio da Xunta de Galicia e da Fundación Iberdrola, desenvolverase na Casa da Cultura de Vilalba os días 20, 22, 27 e 29 de maio en horario de 10:00 a 13:00 horas. O obxectivo principal é incrementar a capacitación laboral, social e persoal das nais participantes para facilitar a súa inserción laboral.

A formación será impartida en formato intensivo e ofrecerá un certificado homologado de 70 horas en Atención hixiénico-sanitaria a persoas dependentes (atención a domicilio). Inclúe matrícula, formación, realización de exame e expedición do correspondente certificado.

Está dirixido a nais soas ou con menores ao seu cargo en situación de alta vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social que residan no Concello de Vilalba.

As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden contactar co departamento de Servizos Sociais do Concello no teléfono 982 52 30 32.

⚙ Configurar cookies
0.18267893791199