A gala benéfica Alfoz Solidario celebrarase este ano o 25 de abril

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Feb 2020

O sábado 25 de abril, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica Alfoz Solidario, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento é promovido, un ano mais, por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización indican que existen varias formas de colaborar con Alfoz Solidario, “poderase participar na propia gala, composta por unha cea e baile, ou mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir”. Os tickets poñeranse á venta a partir do próximo mes de marzo.

Ademais, tamén poderán colaborar as empresas e locais comerciais que o desexen, aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala. Os participantes e as empresas que desexen colaborar poden poñerse en contacto con calquera membro da organización.

Os beneficios obtidos, que na última edición ascenderon a 12.571 €,  serán entregados á Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro.

Desde o grupo organizador agradecen a todos os colaboradores a súa implicación nesta causa solidaria.

0.10661888122559