A Garda Civil de Lugo inicia unha campaña informativa do uso seguro dos tractores agrícolas
A Garda Civil de Lugo levará a cabo entre os días 13 ao 30 de novembro unha campaña informativa de prevención de riscos no tractor agrícola durante a súa circulación en estrada, na cal, ademais da entrega duns folletos informativos, desenvolverase unha campaña de sensibilización e concienciación da importancia que ten que os usuarios deste tipo de vehículos os manteñan en perfectas condicións técnicas e sexan conscientes das dificultades propias da súa condución e manexo, así como das normas que lles afectan.
A campaña está promovida e organizada pola Xunta de Galicia (Consellería de Economía, Emprego e Industria e Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia) e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico e para o desenvolvemento da mesma contarase coa implicación dos servizos de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Lugo.