A Garda Civil de Tráfico ofrecerá en Abadín unha charla sobre seguridade vial aberta á veciñanza

TerraChaXa
Busca fomentar a concienciación e o respecto nas estradas para garantir unha mobilidade máis segura
charla-seguridade-vial-abadin
26 Oct 2025

O vindeiro martes, 28 de outubro, ás 11:00 horas, o Colexio de Moncelos acollerá unha charla sobre prevención e seguridade vial impartida pola Garda Civil de Tráfico. A actividade está aberta a toda a cidadanía e busca fomentar a concienciación e o respecto nas estradas para garantir unha mobilidade máis segura.

A iniciativa está organizada polo Concello de Abadín en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico de Lugo, e enmárcase nas accións de educación e sensibilización que se desenvolven de forma periódica no municipio.

Desde o Concello destacan que se trata dunha boa oportunidade para aprender e reflexionar sobre a importancia da prudencia ao volante, co obxectivo de previr accidentes e mellorar a convivencia viaria.

⚙ Configurar cookies
0.077346086502075