A Garda Civil deu pautas de seguridade aos maiores de Vilalba

TerraChaXa
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou nunha charla da Garda Civil destinada a reforzar a prevención de delictos no colectivo de maiores da nosa provincia.
subdelegada vilalba
15 Apr 2019

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou nunha charla da Garda Civil destinada a reforzar a prevención de delictos no colectivo de maiores da nosa provincia. A charla tivo lugar no local social da parroquia da Torre, no concello de Vilalba. Esta actividade inclúese na programación do Plan Maior 2018-2019 que desenvolve na provincia a Garda Civil.

A subdelegada remarcou o valor desta iniciativa nunha provincia na que moitos concellos teñen unha elevada taxa de persoas maiores, moitas que viven solas, e destacou que o obxectivo deste plan é reforzar a súa seguridade, dándolles ferramentas para que non sexan vítimas de abusos ou para a prevención de situacións de risco.

Co obxectivo de velar pola seguridade dos nosos maiores, a Garda Civil, ademais das tareas de que lle son propias, desenvolve un Plan Maior de Seguridade no que un grupo de axentes imparten charlas con información e consellos especialmente dirixidos a este colectivo. Trátase de axudalos a previr riscos tanto na casa como nas estradas ou en situacións como poden ser os incendios. Tamén se facilitan pautas para facerlle fronte a posibles abusos de confianza ou de cómo actuar no caso de sofrir malos tratos.

Así, as persoas asistentes á charla recibiron consellos, por exemplo, para afrontar riscos dentro do seu domicilio, como ter o teléfono situado nun lugar fácilmente accesible, manter ben iluminadas e con pasamáns as escaleiras, conservar limpo o interior das chimeneas ou non gardar cartos na casa. Ademais, déronlles recomendacións para evitar ser vítimas de estafas ou timos e tamén se trataron temas como as posibles desorientacións na vía pública.

Entre os obxectivos do Plan Maior figuran o de axudar aos maiores a previr ameazas, coñecer as necesidades e medos das persoas maiores e mellorar a resposta da Garda Civil en función das necesidades que ten este grupo de poboación.

A Garda Civil xa realizou neste ano 15 destas charlas a este colectivo en distintos lugares da provincia. Neste mes de abril celebráronse tres charlas, nos concellos de Riotorto e Vilalba.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1750659942627