A Garda Civil investiga ao presunto autor dun delito contra a propiedade intelectual

TerraChaXa
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un súbdito marroquí de 32 anos de idade e veciño de Lugo como suposto autor dun delito contra a propiedade intelectual.
22 sep 2017

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un súbdito marroquí de 32 anos de idade e veciño de Lugo como suposto autor dun delito contra a propiedade intelectual.

Os feitos ocorren o pasado día 20 do actual no mercado da localidade de Guitiriz (Lugo) cando os axentes da Garda Civil nun servizo preventivo de seguridade cidadá observan un posto con diversas pezas de marcas de recoñecido prestixio, as cales poden tratarse de imitacións, incautándose as mesmas e postas a disposición do Xulgado de Garda de Villalba (Lugo).

A persoa investigada é posta a disposición xudicial.

0.19846606254578