A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delito de apropiación indebida
TerraChaXa
A Garda Civil imputa en calidade de investigado na localidade de Vilalba a un veciño de 36 anos de idade como suposto autor dun delito de apropiación indebida.
26 Mar 2019
A Garda Civil imputa en calidade de investigado na localidade de Vilalba a un veciño de 36 anos de idade como suposto autor dun delito de apropiación indebida.
Tras presentar denuncia en Santiago de Compostela da desaparición de sete bultos o pasado mes de febreiro que eran transportados por unha empresa de mensaxería situada no termo municipal de Villalba, iníciase unha investigación policial que dá lugar á imputación do presunto autor.
A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de Vilalba.