A Garda Civil ofrece unha charla sobre seguridade aos maiores de Muimenta

TerraChaXa
A Casa da Cultura de Muimenta acolle este sábado, 15 de xuño, unha charla informativa sobre prevención e mellora da seguridade dos maiores.
14 Xuño 2019

A Casa da Cultura de Muimenta acolle este sábado, 15 de xuño, unha charla informativa sobre prevención e mellora da seguridade dos maiores. Nesta conversa falarase sobre timos, hurtos, roubos, maltrato a persoas maiores e solventaranse as dúbidas que presenten os asistntes.

Esta ponencia, organizada pola Asociación Cultural de Muimenta, estará ao cargo de persoal dos corpos de seguridade do Estado e terá lugar a partir das 17.00 horas.

Está aberta a toda a poboación pero está dirixida principalmente ás persoas maiores.

0.14051985740662