A Garda Civil investiga ao presunto autor dun delito de roubo en Guitiriz

TerraChaXa
A Garda Civil imputa en calidade de investigadoa un veciño de Guitiriz de 46 anos de idade como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas cometido nunha casa comunal situada no termo municipal de Guitiriz (Lugo).
14 sep 2017

O feito delituoso cométese o 2 deste mes de setembro cando o presunto autor accede, tras fracturar o cristal da porta de entrada, ao interior do local subtraendo un aparello electrónico, quedando pendente de valoración o obxecto subtraído e os danos ocasionados.

A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de 1ª. Instancia e Instrución nº 2 dos de Vilalba (Lugo).

0.19312596321106