A gastronomía e a tradición, protagonistas das celebracións da fin de semana na comarca
A comarca chairega rematou o mes de outubro coa celebración de citas imprescibles e moi habituais e recuperan a súa presenza con programas similares á epoca anterior pandemia.
Algunhas destas citas recuperan a súa presenza tras dous anos de ausencia e outras o fan tras unha edición condicionada polas restricións sanitarias do ano pasado.
A localidade de Insua, en Vilalba, celebrou a súa tradicional Tasca do Liño, que novamente contou con artesáns do liño, visitantes, charlas e unha xeira de actividades de todo tipo. Unha viaxe ao séculos pasado que cada ano gana máis adeptos.
Tamén tivo lugar, nesta ocasión tras dous anos de ausencia, a Feira da Galiña de Mos, na que se fai unha loubanza desta raza autóctona poñendo en valor a súa carne e ovos para o consumo humano. Debido aos problemas coa gripe aviar, non houbo presenza de aves vivas na feira, que contou con actividades parelelas como foi a I Exporuta Galiña de Mos que partiu da localidade de Castro Ribeiras de Lea.
Na Pastoriza tamén tiveron outra cita gastronómica, que foi a celebración da Ruta das Tapas, coas as últimas creacións culinarias dos locais da hostalaría do termo municipal.
En Meira reuníronse os maiores nunha xuntaza que non se celebraba dende antes da pandemia e que contou cun xantar e baile, ademais de reparto de distincións.
O Técor Terra Chá acolleu dúas citas esta fin de semana, por unha banda o campionato galego de caza menor con can e pola outra o campionato de cetraría.
Mentres tanto, na veciña As Pontes, tivo lugar a Feira de Fungos e Cogomelos que presentou un intenso programa cultural e de ocio como complemento a unha cita ineludible.