A Graña, en Abadín, celebra as súas festas patronais
TerraChaXa
A localidade de A Graña, en Abadín, celebra as súa festas na honra de Nosa Señora do Rosario, que dará comezo este venres cunha verbena a cargo de DJ Peabody e o grupo Beatriz.
5 Out 2023
A localidade de A Graña, en Abadín, celebra as súa festas na honra de Nosa Señora do Rosario, que dará comezo este venres cunha verbena a cargo de DJ Peabody e o grupo Beatriz.
O sábado continuarán as celebracións ás 13.30 horas cunha misa e unha procesión. Superstar será a encargada da sesión vermú e a verbena, neste caso xunto a La Fórmula.
O domingo será o último día de festa e despois do oficio relixioso a sesión vermú do grupo Alba poñerá punto final ás celebracións.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.