A Graña, en Abadín estará de festa a fin de semana
TerraChaXa
A localidade de A Graña, en Abadín, celebra esta fin de semana a Festa na honra de Nosa Señora do Rosario.
28 sep 2022
A localidade de A Graña, en Abadín, celebra esta fin de semana a Festa na honra de Nosa Señora do Rosario, que arrancarán o venres ás 23.00 horas coa verbena a cargo do grupo Fénix.
O sábado as celebracións continuarán coa sesión vermú a cargo da orquestra Eureka, que se celebrará despois da misa e a procesión, ás 13.30 prevista para as 13.30 horas.
Pola noite repetirá Eureka na verbena, acompañada da orquestra Cinema.
O domingo as festas rematarán ao mediodía coa actuación de Fussion en sesión vermú, tamén tralo oficio relixioso.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.