A Graña, en Abadín, estará de festa desde o venres

A parroquia da Graña, no concello de Abadín, celebrará do 3 ao 5 de outubro as festas na honra da Nosa Señora do Rosario. A programación comezará o venres día 3 cunha gran verbena amenizada pola orquestra Principal.
O sábado 4, tras a misa das 13:30 horas, terá lugar a sesión vermú co grupo M-3 e, xa pola noite, a festa continuará coa actuación de M-3 Show e Costa Dorada. O domingo 5 será a quenda da orquestra Alba, que ofrecerá unha sesión vermú prolongada despois da misa das 13:30 horas.
A comisión de festas, coa colaboración de veciños, casas comerciais e empresas locais, preparou un campo cuberto con carpa para garantir a celebración dos festexos independentemente da meteoroloxía.