A Granxa Gayoso Castro recupera este luns a poxa de xatas preñadas
A Deputación de Lugo e Acruga organizan unha subasta de 10 xatas preñadas de máis de seis meses, a partir das 12.00 horas.
A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, recupera para pechar o ano por todo o alto a subasta de novillas preñadas no centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo. A cita, prevista para o vindeiro luns día 26, contará con 10 exemplares de máis de seis meses, polos que se poderá poxar a partir das 12.00 horas.
O prezo de saída fixado para comezar a poxar por algún destes animais é de 2.000 euros, aínda que para incentivar á adquirir algunha destas xatas, os compradores terán unha axuda de 200 euros por exemplar. Os posibles compradores poderán retirar a súa tarxeta a partir das 11.00 no mesmo recinto do centro de recría de Castro Riberas de Lea.
Desde a Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, o seu presidente insiste en que "A calidade destes animais é do mellor que se pode atopar na actualidade no noso sector. Proceden do rabaño de élite de Gayoso Castro e aquí antes de levalas ás subastas se escollen os mellores exemplares, aqueles cos mellores índices xenéticos, para garantir os bos resultados desde o punto de produción, rendabilidade e de reprodución". Por iso, desde Acruga confían en que se podan repetir os bos números de vendas e cotizaccións da poxa do pasado ano, cando adxudicáronse 26 das 27 novillas presentadas, e o prezo medio superou os 2.000 euros".
O que se espera igualar e a alta participación do ano pasado, coa asistencia de gandeiros e gandeiras procedentes de toda Galicia. Para César Dorado "a clave é a calidade dos animais, froito do bo traballo de selección e recría que se leva a cabo neste centro. Os compradores coñecen o traballo que se fai aquí e tenlo claro á hora de mercar".
A recría de novillas no centro da graxa Gayoso Castro lévase a cabo dende o 2007, ano no que Acruga e Deputación de Lugo asinaron un convenio polo que a asociación merca os mellores exemplares entre os socios gandeiros, para despois de meses no centro de recría, poñelos a disposición dos compradores nas poxas e tamén para responder á demanda daqueles que se incorproran á raza rubia. A colaboración de Acruga coa administración provincial non queda alí; co obxectivo de favorecer á mellora da raza e contribuír á pureza da mesma, en 2019 outro acordo entre ambos organismos concede axudas directas aos criadores para a incorporación de novillas de primeiro parto ao rexistro definitivo do libro xenealóxico.