A Granxa Gayoso Castro vendeu 17 vacas cachenas na última poxa

LugoXa | TerraChaXa
En total poxáronse 5 machos e 12 vacas e xovencas do centro da institución provincial. O prezo máximo pola venda dun exemplar foi de 1.900 euros
poxa-vacas-cachena-gayoso-castro
7 Mar 2025

A Deputación de Lugo celebrou este xoves unha poxa pública de gando na Granxa Gayoso Castro, na que se venderon por un prezo de 15.420 euros un total de 17 cabezas de gando bovino das instalacións provinciais. O rabaño poxado estivo formado por un lote de animais da raza cachena, formado por 5 machos e 12 vacas xovencas.

Unha vintena de gandeiros e gandeiras achegados de diferentes puntos da provincia poxaron por estes animais que acadaron un prezo medio de 907 euros. O prezo máis alto pagouse por un exemplar femia, que se vendeu a un prezo de 1.900 euros.

⚙ Configurar cookies
0.95733404159546