A guitiricense Pastora Veres presenta o seu libro Lareira de soños
A UNED Senior da Coruña organiza para este martes día 27 de abril a presentación do libro Lareira de soños, da escritora guitiricense afincada en Betanzos Pastora Veres.
O libro, que inclúe un DVD co documental Entrar aos Vilares, dirixido por Cibrán Tenreiro, saíu á luz da man de Edicións Fervenza e trata da anteopoloxía dunha parroquia da Terra Chá. Foi producto dun traballo de investigación realizado pola autora por unha encomenda feita polo poeta Manuel María a comenzos dos anos 90 e que comenzou a realizar en 2014 coa dedicatoria das letras galegas a Díaz Castro, da mesma parroquia que a autora, Os Vilares de Guitiriz.
O acto terá lugar no restaurante O Garfo de Irixoa ás 11.00 horas e despois do mesmo haberá un xantar de confraternidade.
Ademais da autora intervirá tamén o coordinador da UNED Senior da Coruña, Luís Angel Rodríguez Patiño.