A hostalaría das Pontes celebra o Entroido con xornadas gastronómicas cheas de sabor e tradición

TerraChaXa
Durante a fin de semana, os establecementos das Pontes ofrecen o clásico cocido, así como outros pratos alternativos con esta base
xornadas-gastronomicas-de-entroido-as-pontes
14 Feb 2026

A Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (Cohempo) puxo en marcha, desde o venres e ata o martes, unhas Xornadas Gastronómicas de Entroido co obxectivo de animar a veciñanza e ás persoas visitantes a desfrutar destas datas a través da cociña tradicional e das propostas máis innovadoras da hostalería local.

Durante a fin de semana, os establecementos das Pontes ofrecen o clásico cocido de Entroido, prato estrela destas celebracións, para o que aínda é posible realizar reservas nos locais participantes. Xunto a esta receita tradicional, a iniciativa inclúe alternativas pensadas para todos os gustos, como pizzas de cocido, menús especiais elaborados con motivo da Feira do Grelo e unha ampla variedade de tapas de Entroido para acompañar as consumicións.

Desde Cohempo destacan que estas xornadas pretenden poñer en valor a calidade e a diversidade da hostalería local, ofrecendo opcións tanto para quen quere manterse fiel á tradición como para quen busca sabores diferentes inspirados nos produtos típicos destas datas.

A proposta gastronómica complétase coa celebración da Feira do Grelo, organizada polo Concello das Pontes, convertendo a vila nun punto de encontro para gozar do Entroido, da cultura e da boa mesa. A asociación anima así a achegarse ás Pontes, reservar nos establecementos locais e vivir un Entroido completo, combinando festa, tradición e gastronomía.

⚙ Configurar cookies
0.076454877853394