A hostalaría de Friol arranca co primeiro concurso de tapas da localidade

LugoXa | TerraChaXa
Organizado polo Concello, en colaboración cos oito establecementos participantes, levarase a cabo nas dúas últimas fins de semana de este mes de xaneiro
primeiro-concurso-de-tapas-de-friol
17 Jan 2025

Friol comeza o ano 2025 organizando o seu I Concurso de Tapas. As primeiras xornadas terán lugar durante esta fin de semana da semana. Serán os días 17, 18 e 19, e tamén os días 24, 25 e 26 de este mes de xaneiro.

Os establecementos participantes en esta primeira edición son A Taberna (Friol), Cafetería Club Fluvial (Friol), Hotel Rural O Cruce do Burgo (Burgo de Negral), Restaurante Casa Benigno (Friol), Restaurante Casa do Grande (Friol), Restaurante Orixes (Friol), Restaurante Roimil (Roimil) e Restaurante Seixón O Cruceiro (Seixón).

Estes oito establecementos hostaleiros do concello de Friol elaborarán as súas propostas durante estes seis días, durante os cales se poderán degustar e gozar das súas creacións.

O cartel publicitario de este primeiro concurso de tapas é a creación gañadora do concurso que se levou a cabo no colexio público de Friol (CPI Plurilingüe Dr. López Suárez), no cal a alumna Susana Pena Villar foi a vencedora, e polo tanto, o seu deseño foi o que se empregou para crear o cartel que dará visibilidade a esta iniciativa.

Para o establecemento gañador, o que máis puntuación obteña durante estes seis días de concurso, levará como premio un lote de produtos valorado en 300 euros.

Ao remate de estas seis xornadas realizarase un sorteo entre todos os clientes participantes en esta primeira edición do concurso de tapas, e a persoa gañadora levará un lote de produtos valorado en 200 euros.

O alcalde, Jose Ángel Santos, sinalou “agradecer a implicación e a colaboración dos restaurantes que participan en esta iniciativa, resaltando a importancia de iniciativas como esta para promocionar os produtos da nosa terra elaborando cos mesmos tapas innovadoras, así como, darlle maior visibilidade, se cabe, ó bo facer da hostalería do noso municipio”.

0.1750910282135