A hostalería de Ribadeo secundará mañá unha concentración
A hostalería de Ribadeo secundará mañá, sábado, unha concentración diante do Concello a partires das 11 horas. O sector atende a chamada da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo co obxectivo de facerse oír e denunciar a grave situación pola que están a atravesar tras meses de confinamento, con restricións de aforos desde o verán, con peches comarcais como o acontecido en xullo ou sufrindo o peche da veciña Asturias ou de cidades como Lugo.
Os hostaleiros indican que “a crise do noso sector arrastra ás empresas distribuidoras, á pesca, ás carnicerías, á agricultura, ás panaderías… a toda a cadea de provedores. Estamos convencidos de que todos xuntos podemos saír disto e por iso temos que loitar”.
Baixo o slogan Salvemos a hostalería animan ao sector e tamén á sociedade ribadense a acudir á concentración que se celebrará na praza de España ás once da mañá.
En todo momento manteranse as medidas de seguridade esixidas: distancia social e emprego de máscaras.
ALCOA
O comité de empresa e os delegados das auxiliares apoian a folga e, así mesmo, convocan a todos os traballadores da fábrica a que se unan a protesta do sector hostaleiro.
O persoal poderá acodir cos chalecos ou calquer outra roupa que visualize o conflicto dos traballadores da factoría cervense,