A I Ruta BTT por Friol terá lugar este domingo coas inscricións completas
A I Ruta BTT por Friol, organizada polo club local para o 17 de outubro terá lugar este domingo, 17 de outubro co aforo máximo de 250 participantes, todos eles maiores de 15 anos, incrición esgotada días antes da finalización do prazo. Esta constará de dúas rutas, a longa de 70 km e 1.800 metros de altitude, e a curto de 40 quilómetros e 850 metros.
Terá un prezo de 25 euros cun desconto para os federados de 10 euros.
Segundo explicaron dende a organización, non se aceptarán inscricións o día da proba e a recollida de dorsais terá lugar entre as 8.00 e as 8.45 na mesma praza Andón Cebreiro, onde estará situada a saída e a meta. As dúas rutas terán saída ás 9.00 horas.
Os participantes poderán participar no sorteo de agasallos ao finalizar a proba, que rematará cuns pinchos no pavillón polideportivo, onde tamén se fará lavado de bicicleta e duchas.
Ademais, haberá avituallamento durante as dúas rutas.