A II Andaina en Vilapedre sera o domingo 12 de abril

TerraChaXa
As persoas interesadas teñen de prazo ata o 10 de abril para inscribirse, cun custo de 10 euros e un límite máximo de 70 prazas
andaina-vilapedre
9 Apr 2026

A Asociación de Veciños de Vilapedre, en Vilalba, organiza para o vindeiro domingo 12 de abril a segunda edición da súa andaina, unha cita que busca poñer en valor a contorna natural da parroquia. A xornada comezará ás 9:30 horas cun almorzo para todos os participantes na casa da escola de Vilapedre, servindo de punto de encontro antes de iniciar as rutas.

Para esta edición, a organización deseñou dúas modalidades adaptadas a diferentes niveis físicos, unha andaina longa de 13 quilómetros, con dificultade difícil e saída ás 10:00 horas, e unha andaina curta de 7 quilómetros con dificultade moderada, que partirá ás 10:30 horas. Ambas modalidades contarán con avituallamento durante o percorrido e unha zona habilitada para cambiarse de roupa ao finalizar.

O evento culminará arredor das 13:30 horas cunha xuntanza gastronómica na que se servirán petiscos variados, tortillas e callos, momento no que tamén se fará entrega dos agasallos de participación.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 10 de abril para inscribirse, cun custo de 10 euros e un límite máximo de 70 prazas. Para formalizar a reserva, a organización facilita os teléfonos de contacto de Leticia (695 660 644), José Luis (636 004 224), Fanny (682 270 203) ou Manolo (699 635 026).

0.11592507362366