A II Festa da Xuventude Meira celebrarase o sábado 15 de novembro na Campa do Plantío

O vindeiro sábado 15 de novembro, o concello de Meira acollerá a celebración da segunda edición da II Festa da Xuventude, que terá lugar na Campa do Plantío. O programa arrinca ás 14.00 h cunha sesión vermú protagonizada por DJ Casanova.
A continuación, ás 15.00 h, está programado o xantar colectivo con empanada, churrasco, sobremesa e bebida (os tickets están á venda ata o mércores 12). Entre as 17.00 h e as 19.00 h haberá xogos tradicionais e animación, e á 19.00 h dará comezo a festa noite coa actuación de 'festicultores' e a presenza de food trucks e churros. Para rematar, ás 21.30 h arrincará a verbena coa actuación de DJ Casanova e o Grupo Beatriz.
A organización conta cunha carpa, coches eléctricos para gozar e un ambiente pensado para a xuventude e tamén para calquera veciño que queira participar. Non perdas a oportunidade de pasar unha tarde-noite de lecer en Meira cunha programación completa.