A III Milla Urbana Campo da Cabana de Foz terá lugar o sábada 13 de xullo
A carreira III Milla Urbana Campo da Cabana terá lugar o sábada 13 de xullo de 2019, a partir das 20:00 da tarde, sobre un circuíto de 150 m para Pícaros, 600 m Benxamíns, 900 m Alevíns, 1200 m Infantís e Cadetes e 1609,3 m para a competición Absoluta. Con saída e meta na praza de Rosalía de Castro, Foz.
A recollida de dorsais será de 17:00 horas a 19:30h. Se quedan dorsais poderanse realizar inscripcións presenciais de carácter extraordinario. O prezo de inscripción será de 5 euros.
Para os participantes haberá agasallos, como unha bolsa do corredor e avituallamiento, cunha camiseta técnica para todos os corredores e algo líquido e sólido na zona de meta.
Haberá un gardarroupa para poder deixar as pertenzas situado na zona de saída praza de Rosalía de Castro. No gardarroupa únicamente serán aceptadas mochilas, bolsos ou similar pechados, non se aceptarán pezas soltas e bolsas en mal estado. A organización non se fará responsable de posibles perdas.
Tamén haberá unha zona de lecer con xogos para nenos, inchables e cafetería. Ademais hai baños con duchas e vestuarios para todos os participantes.
Ás 21:30 horas será a entrega premiación e a festa final con música e DJ.