A incidencia da covid continúa subindo na comarca ao igual que na provincia

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Xan 2021

O virus da covid-19 continúa aumentando de forma paulatina na provincia. Este domingo son xa 8 casos máis que onte situando o balance en 483. De feito, nas últimas horas rexistráronse 29 contaxios novos (onte foron 39) mentres que as altas chegan ás 6.593, 25 máis que onte.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.223 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.

Con este aumento volve subir lixeiramente a presión hospitalaria, xa que hai dous casos máis que onte. Mentres a UCI mantén a dúas persoas, sobe a hospitalización en planta en dous casos e xa son 16: 4 no Hula (un máis), 9 no Hospital da Mariña e 3 no Hospital de Monforte (un máis).

A situación na Mariña non mellora con Xove segue liderando a preocupación na comarca con 73 casos nos últimos quince días, tres máis que onte. En Viveiro, que estaba a estabilizarse, volve subir, aínda que de forma lixeira, con dous casos máis e un total de 55.

Os dous concellos están con peche perimetral e control da hostalaría así como medidas de aforo ao estar en estados de alerta.

Outros concellos están en vixilancia, como en Burela, que chega aos 23 casos, 1 máis que hai 24 horas. Ribadeo mantén os 28 de onte debido á detección na xornada do sábado de 10 novos positivos por covid a residencia asilo, 7 de usuarios e 3 de traballadores do centro. Foz mantén a súa incidencia en 12 contaxios novos nunha quincena.

Lourenzá e Barreiros son os únicos concellos mariñaos onde non houbo casos novos de covid na última quincena.

No resto da provincia a situación mellora en Vilalba, Xermade e a veciña As Pontes, que están á espera da relaxación de medidas e rebaixa da situación de alerta.

Tamén continúa o proceso de vacunación nos centros de maiores da provincia.

0.18954086303711