A iniciativa Xogade Coas Motos estará o sábado 27 nas Pontes

TerraChaXa
Será no Circuíto Municipal de Karting durante todo o día, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas
xogade-coas-motos
26 Sep 2025

O concello das Pontes acollerá a iniciativa Xogade Coas Motos, unha actividade na que os rapaces de entre 6 e 15 anos teñen a posibilidade de probar unha moto de competición dentro dun marco seguro e de xeito completamente gratuíto.

Terá lugar o sábado 27 de setembro despois de que fora aprazado pola choiva o pasado 31 de agosto. Será no Circuíto Municipal de Karting durante todo o día, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.10295796394348