A internacional brasileira Jane Marques está xogando a pretemporada laranxa
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Ago 2019
A internacional brasileira Jane Marques tamén está formando parte da pretempada das Guerreiras Laranxas. A ala de 29 anos, que se incorporou aos adestramentos xa nos primeiros días, estará á disposición de Julio Delgado, xa o estivo no recente partido amigable de Marín e fronte Ourense Envialia e O Fisgón.
Marques formou parte da expedición xunto a Jozi, Dany, Cilene, Peque, Jenny, Lara Balseiro, Ana Romero, Bea Mateos, Ale de Paz, Luci e Jenny Lores, ademais de Sabela, de Comarcal A Fervenza.