A Invernada de Cine de Cabreiros continúa este sábado cun espectáculo infantil
TerraChaXa
O programa conta con dúas proxeccións, dous espectáculos teatrais e un monólogo
13 Dec 2024
A casa escola de Cabreiros está a ser sede este outono da Invernada de Cine, que este ano chega á súa duodécima edición con actividades que arrancaron no mes de outubro.
O programa conta con dúas proxeccións, dous espectáculos teatrais e un monólogo. Este mes decembro está previsto este sábado, día 14, un espectáculo infantil e familiar de Pakolas, As máis molonas, que recolle as cancións máis aclamadas polo público infantil rockeiro galego.
A invernada chegará ao seu final coa obra teatral As fillas bravas e o mito de Casandra, a cargo do grupo Chévere. Son tres pandereteiras que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e menos sabedoría.