A investigadora e historiadora Fraga Rábade fará un relatorio sobre o patrimonio de Cospeito

TerraChaXa
Será o día 17 de outubro, ás 19.00 horas na casa da cultura de Feira do Monte
ana-mar-fraga-castro
15 Out 2024

A asociación veciñal a Pena de Santa María de Cospeito organiza un relatorio para este xoves 17, ás 19 horas, na casa da cultura de Feira do Monte.

Ana Mar Fraga Rábade, investigadora e historiadora, impartirá a conferencia Cospeito. O noso patrimonio, na que falará da historia e pegadas deixadas polos devanceiros neste concello.

Ana Mar e Montse González , en dueto, recitarán o poema Raigame da autoría de Fraga Rábade e tamén intervirán con recitado de poemas ou romances María Bapino, Ruth Santiso, Xosé Otero Canto, Xavier Neira Pampín e Xosé Carlos Ulloa.

O acto está organizado pola Asociación Veciñal A Pena e a Asociación Cultural Caldaloba e a entrada é libre e de balde.

conferencia-patrimonio-cospeito
0.18507695198059