A ITV móbil agrícola arranca hoxe a súa estadía en Cospeito

TerraChaXa
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás os venres, que será só de mañá
tractor
23 Jun 2025

A unidade móbil da ITV agrícola estará entre hoxe, 23 de xuño e o 9 de xullo en Cospeito para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás os venres, que será só de mañá.

A unidade móbil estará situada os días 23 e 24 no campo da festa de San Roque, en Arcillá; o 25 e 26 no campo da festa de Pino; entre o 27 de xuño e o 3 xulllo no recinto feiral de Feira do Monte; o 4, 7 e 8 de xullo trasladarase ao campo da festa de Momán, e rematará entre o 8 e o 9 de xuño no polígono industrial de Muimenta.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

⚙ Configurar cookies
0.17278504371643