A ITV móbil agrícola estará desde o 14 en Xermade
TerraChaXa
A unidade estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial

Tractor
13 Jul 2025
A unidade móbil da ITV estará entre os días 14 e 22 de xullo en Xermade para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, agás os días 15, 18 e 22, que será só de mañá.
A unidade móbil estará situada xunto á nave municipal de usos múltiples do parque empresarial.
Para pasar a revisión é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.