A ITV móbil agrícola estará en Begonte a próxima semana

TerraChaXa
Estará no Concello os días 18, 19 e 20 de xuño en horario de mañá e tarde
tractor
Tractor
15 Xuño 2024

A unidade móbil da ITV estará no Concello de Begonte os días 18, 19 e 20 de xuño para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.

O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Estará situada no polígono industrial de Begonte.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

0.090317010879517