A ITV móbil agrícola estará en Begonte esta semana

A unidade móbil da ITV estará no Concello de Begonte os días 27 de marzo e 1 de abril para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas.
O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás o día 28 que será só de mañá. Estará situada no polígono industrial de Begonte.
Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.